Capacidade cranial

Sección saxital dun cranio humano.
Encéfalo dun rato.
Encéfalo humano.

A capacidade cranial é a medida do volume interior do cranio dos vertebrados, é dicir, dos animais que posúen tanto cranio coma cerebro. A unidade de medida máis usada é o centímetro cúbico (cm3).

O volume do cranio úsase como un indicador aproximado do tamaño do cerebro, e este, á súa vez, úsase como un indicador para estimar a intelixencia potencial dun organismo. Así, nos vertebrados, o aumento desta capacidade, observado ao longo da evolución, está en relación co aumento da intelixencia e a complexidade psicocomportamental. O aumento desta capacidade atinxe o seu máximo no ser humano e prodúcese grazas a un aumento masivo do córtex cerebral que, facendo fronte a un volume non expansíbel da caixa cranial, engurrou, formándose sucos profundos chamados circunvolucións. A superficie do córtex chega a alcanzar máis de 0,22 m², e parece que hai unha relación entre o grao de engurramento e a intelixencia.[1]

Porén, as capacidades craniais máis grandes non son sempre indicativas de que un ser vivo sexa máis intelixente, debido a que tamén se require un volume maior para controlar un corpo máis grande ou, nalgúns casos, é unha característica adaptativa para a vida nun medio máis frío.

  1. Functions of the Cerebral Cortex Arquivado 11 de abril de 2015 en Wayback Machine., en Serendip (en inglés) Consultada o 3 de abril de 2015.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search